Nun momento no que cada vez máis familias se preguntan “Cando é o momento de darlle un móbil ao meu fillo ou filla?”, é máis necesario ca nunca parar, reflexionar e atopar espazos para dialogar sobre o uso consciente das tecnoloxías.
Por iso, dende a Federación de ANPAS Compostela convídannos a participar na xornada aberta “Móbiles con sentido: acompañar e educar a adolescencia no seu uso”, que terá lugar este sábado 25 de outubro, de 10:00 a 13:30 h, na Facultade de Filoloxía da USC (Santiago de Compostela).
Será unha mañá para pensar con calma —sen alarmismos— sobre como acompañar ás persoas adolescentes neste mundo dixital que forma parte da súa identidade, das súas relacións e tamén das súas emocións.
🧠 Un programa para comprender e compartir
Conferencia inaugural:
🧩 “Ser en Internet: adolescencias e vínculos na era dixital”
por Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico e coordinador de ASEIA, Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia.
Mesa redonda:
💬 “Móbiles e TICs nas familias, SOS! Unha ollada profesional”, coa participación de:
Sonia González Rodríguez, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Belén Montesa Lou, psicóloga e vicepresidenta da sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Concepción Estévez Villar, presidenta da ASEIA.
Moderada pola xornalista Laura Veiga.
💬 Por que participar?
-
Porque queremos entender para educar.
-
Porque a adolescencia é unha etapa para acompañar con confianza e diálogo.
Porque é un espazo para aprender, compartir e apoiar entre familias que viven retos semellantes.
ℹ️ Información práctica
📍 LUGAR:Facultade de Filoloxía da USC (Campus Norte, Av. de Castelao, Santiago de Compostela)
🕙 HORARIO: de 10:00 a 13:30 h
👧 Servizo de ludoteca gratuíta para as crianzas (inscrición ata o 22 de outubro)
👉 INSCRICIÓNS abertas aquí: https://forms.gle/gdCuswW6mBF3kyts5Educar na era dixital require tempo, información e mirada compartida.
Este sábado, temos unha cita para pensar xuntos sobre como construír un uso máis consciente, seguro e afectivo dos móbiles entre a mocidade.

.jpg)


A túa participación é fundamental para seguir crecendo xuntas!
Xuntas e xuntos facemos comunidade.