ENTROIDO NO IES DE SAR

 

 

Que mellor forma de rematar uns días de exames que celebrando a tradicional festa de entroido no IES de Sar chea con baile e chea de ledicia.

Este ano toca bailar!!!!🎶🎉🎉  

E por riba, a clase mais participativa e bailona levará premio 🏆

 

DÍA DE ROSALÍA


 

Traballos realizdos polo alumnado do IES de Sar no Día de Rosalía
       
 
 

A ANPA de Sar tamén quixo aportar no Día de Rosalía cun pequeno vídeo     

RESUMO DO PROTOCOLO DE XESTIÓN EPIDEMIOLÓXICA

 

 

Para ver o Protocolo de vilxilancia e control epidemiolóxico prema no seguinte documento.

 

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

 

 

 

Aberto o prazo para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o curso 2022

BENVIDAS


😊😊  Queremos dar a benvida a todas e todos.

Unha nova etapa comeza para as nosas fillas e fillos, entran ás aulas cheos de retos, de estímulos, ilusións e experiencias.

Neste percorrido as crianzas son as grandes protagonistas, pero dende as casas as súas familias, tamén as acompañamos neste camiño.

Para facelo en conxunto, propoñémosvos que a ANPA sexa o noso punto de encontro común, onde sexa doado comunicarnos e axudarnos ante calquera obstáculo.

Por ese motivo queremos dar un paso máis na comunicación da ANPA e lanzámonos na creación deste blog. 

Este blog estará destinado para poder compartir noticias, actividades ou calquera cuestión de interese no ámbito educativo.  Para que poida funcionar, do mesmo xeito que todo, necesitamos da colaboración de todas vós.

Animarvos a participar facéndonos chegar as vosas achegas a través do 

📧  correo electrónico do ANPA, 

📝  deixando os vosos comentarios nas entradas que se vaian facendo no blog, 

🔗👆 ou mesmo a través da ligazón de CONTACTO que atoparedes no menú da parte superior do blog.

 

 



3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

O xoves 16 de decembro as 17:30h no edifico CERSIA terá lugar a entrega de premios do 3º Concurso de Fotografías pola Igualdade, organizado pola  Federación de ANPAS COMPOSTELA,  actividade -que se puxo en marcha na pasada primavera -dirixida ao alumnado de centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria. Con ela pretendíase fomentar a mirada crítica do estudantado participante, recollendo a través da súa obra a visión das relacións persoais e sociais dende a perspectiva da igualdade.

Nesta xornada fíxose entrega dos premios dirixidos ás distintas categorías previstas: alumnado de educación infantil e primaria, alumnado de ESO, de bacharelato e familias. Tamén tivemos a oportunidade de escoitar a charla ofrecida por Lola Ferreiro “A violencia simbólica perpetúa as desigualdades”.    

Esta entrega non é o punto final desta edición do concurso, xa que os centros escolares do alumnado participante poderán expor as fotografías presentadas ao conxunto da comunidade educativa, para que sirvan de estímulo para pensar e reflexionar sobre a igualdade e desigualdade na que vivimos, e avanzar nesta tarefa  inaprazable de camiñar cara  á igualdade real na nosa sociedade. 

Nesta ocasión o 1º PREMIO da categoría de Secundaria foi para Carla Sánchez Portos e Lucía Vázquez Carnota do IES de Sar alumnas do IES de Sar

 

1º PREMIO: “Cores para a igualdade”

Carla Sánchez Portos e Lucía Vázquez Carnota do IES de Sar

PRESENTACIÓN DO LIBRO

 


Hai dous anos empezamos unha etapa difícil; a pandemia; o "peche"; a tristeza; o  COVID.  Pero o noso profesor de Lingua Castelá,  Baldo, tivo como iniciativa facer partícipe a toda a comunidade educativa para expresar por escrito (poemas,  microrrelatos, ...) e/ou a través de debuxos as nosas impresións sobre ese momento tan raro e duro que nos tocou vivir.  Todo este traballo plasmouse nun libro: "CONFINAMENTOS"

O curso pasado, decidiron seguir co traballo e coa coordinación do profesor Xavier Ferreirós publícase un segundo libro: Abre Alas!

A presentación deste segundo tomo da Colección Sar, ABRE ALAS! tivo lugar 

 

📌  venres, 10 de decembro ás 13:40h no Salón de Actos do IES de Sar. 

📌  martes, 21 de decembro ás 17:30h no Museo do Pobo Galego