8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

 

 

Querido 8 de marzo de 2022. 

Un ano mais, xa estamos aquí .  Unha vez mais, volvemos a saír ás rúas.  Unha vez mais, saímos ás rúas para berrar que estamos fartas do sistema patriarcal e da violencia machista   Estamos fartas de seguir vendo e escoitando cada día como se apaga a voz de mulleres, nenas e nenos.  De ver como a violencia machista se cobra vidas.  Esta é unha loita que non só pode quedar nun día senón que temos que pelexar os 365 días do ano.  Con todo, temos este día para que a nosa voz se escoite mais alto e mais forte.

O día 8 de marzo saímos á rúa para berrar por TODAS.  Todas as que temos a nosa beira e non poden berrar.  Todas as que xa non puideron berrar.

Como familias, como parte do sistema educativo e como  parte da sociedade temos que aprender e concienciar que o respecto e a liberdade son fundamentais.  Temos que ser exemplo pois queremos que as nosas fillas e fillos sexan libres para decidir.

Desde o ANPA, e como parte da comunidade educativa do IES de Sar, queremos poñer o noso gran de area co seguinte VÍDEO e sumámonos ao 8 M - Día Internacional da Muller-

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario