Podedes ver as directrices que publica a Xunta sobre o uso da máscara no ámbito educativo
👇
A organización do Concurso Fotografías pola Igualdade, co ánimo de facilitar que tanto as crianzas como as familias teñan un pouco máis de marxe de tempo para presentar as súas obras, tomou a decisión de ampliar o prazo de inscrición ata o vindeiro venres 13 de maio ás 23.59 h.
👉 DIRIXIDO A: ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos.
📝 PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 30 de abril de 2022 AMPLIADO ATA O 13 de maio de 2022
🛈 MÁIS INFORMACIÓN: na web oficial do concurso http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal, onde se poden consultar tanto as bases legais como as fotografías participantes nas anteriores edicións, e por suposto tamén se atopa o formulario de inscrición.
Animádevos a participar!
As familias temos un papel fundamental na educación sexual das nosas fillas e fillos. Esta non é só previr embarazos nos desexados, a transmisión de enfermidades de transmisión xenital ou abusos sexuais. A educación sexual ten como obxetivo contribuir a que as persoas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar de maneira positiva a súa dimensión sexuada.
Para
ofrecer algunhas ferramentas ás familias dende a Federación de ANPAS
Compostela organizan un obradoiro en colaboración coa UMAD de 4h de
duración, distribuidas en dúas sesións.
Da comezo a 4ª edición do Concurso de Fotografías pola Igualdade.
Este concurso é unha ferramenta para xerar a reflexión e o debate arredor da igualdade real na nosa vida cotiá.
DIRIXIDO A: alumnado e famillias dos centros públicos de educación infantil el primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos
INSCRIPCIÓN: ata o 30 de abril
As bases e toda a información está dispoñíbel na páxina web do Concurso: