Acompañar á adolescencia en ocasión semella un reto .... pero se engadimos “xestión emocional”, nos tempos que corren ... pode supoñer un desafío complexo. Se a adolescencia se caracteriza por algo é porque a esfera emocional é especialmente protagonista e axudar as persoas adolescentes a calmar o seu malestar emocional é esencial para previr riscos.
O obxectivo deste obradoiro é tentar comprender as manifestacións desta etapa, así como facilitar que dende a familia teñamos ferramentas para acompañar o desenvolvemento das competencias emocionais dos nosos fillos e fillas.
ORGANIZA: UMAD en colaboración coa FANPA Compostela
DIRIXIDO A: familias de alumnado de 6º EP e 1º e 2º da ESO
DATAS: mércores, 27 de abril, mércores, 4 de maio e mércores. 11 de maio
HORA: 17:00H a 19:00H
LUGAR: IES Antón Fragüas
INSCRICIÓNS: https://bit.ly/
Ningún comentario:
Publicar un comentario