As familias temos un papel fundamental na educación sexual das nosas fillas e fillos. Esta non é só previr embarazos nos desexados, a transmisión de enfermidades de transmisión xenital ou abusos sexuais. A educación sexual ten como obxetivo contribuir a que as persoas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar de maneira positiva a súa dimensión sexuada.
Para
ofrecer algunhas ferramentas ás familias dende a Federación de ANPAS
Compostela organizan un obradoiro en colaboración coa UMAD de 4h de
duración, distribuidas en dúas sesións.
DIRIXIDO A: nais e pais de alumnado de 6º de Educación primaria e 1º e 2º da ESO
ORGANIZA: UMAD (Concello de Santiago) en colaboración con FANPA Compostela
IMPARTE: Belén Montesa - Psicóloga
DATA: xoves, 5 de maio e xoves, 19 de maio
HORA: de 17:00h a 19:00h
LUGAR: IES De Sar
INSCRICIÓN: https://forms.gle/QbucjqLvERWkX3Vt9
Hai un máximo de 30 prazas que se cubrirán por orde de inscrición
Ningún comentario:
Publicar un comentario