AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 

Ábrese o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Esta axuda está dirixida a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial. 

 

SOLICITUDES:

📝    PRESENCIAL: no propio centro educativo, así como en calquera dos lugares e 

         rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo:  

         Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro docente no curso 2022/23 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2022/23 e ata o día 22 de xuño (este incluído).

💻     ELECTRÓNICA:  será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a desde a aplicación FONDO DE LIBROS


 

PRAZOS:

📅    Entrega de solicitudes:  ata o 22 de xuño do 2022 (incluído)

Poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula:  O alumnado que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia, pero non sostido con fondos públicos;  O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda

📅    Devolución libros curso 2021/22:  ata 22 de xuño de 2022 

📅    Prazo para gravar solicitudes:  ata o 6 de xullo de 2022  

📅    Publicación listaxes provisionais:  11 de xullo de 202 

📅    Prazo reclamar as listaxes provisionais:  12 e 13 de xullo de 2022 

📅    Prazo para gravar reclamacións:  18 de xullo de 2022 

📅    Publicación das listaxes definitivas:  22 de xullo de 2022


👉  Para ver toda a información podedes acceder ao DOGA  

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario