📢 NOVIDADES ABAU 2022
Unha das principais novidades da selectividade 2022 é que, por primeira vez, o alumnado de 2º de Bacharelato poderá presentarse ás probas de acceso á universidade cunha materia suspendida.
Con todo, o alumnado de 2º de Bacharelato cunha materia suspendida só poderá recibir o título e presentarse á EBAU nos seguintes casos:
- Que o equipo docente haxa determinado que alcanzou os obxectivos e competencias acordes ao curso
- Non faltar inxustificada e continuamente a clase.
- Realizar os exames necesarios para a súa avaliación
- Que a media das notas obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a 5.
📅 DATAS ABAU 2022
- Os exames terán lugar os días 7, 8 e 9 de xuño, en xornada de mañá e tarde os tres días.
- Os resultados provisionais das probas serán publicados o 16 de xuño ás 20:00 horas.
- O 23 de xuño faranse públicas as cualificacións definitivas despois das solicitudes de revisión (a partir das 20:00 horas).
- As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria serán o 12, 13 e 14 de xullo de 2022.
📐 MATERIAL PARA REALIZAR AS PROBAS:
DNI ou documento identificativo
Resgardo de matrícula e xustificante de pago
Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra
Material axeitado para realizar o exercicio correspondente á materia de Debuxo técnico II e Deseño, así como o dicionario de latín-español ou grego-español e unha calculadora
Para mais información podedes consultar á páxina da CIUG.
Tamén poderedes ver as instrucións para as probas a través do seguinte vídeo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario