A Federación de ANPAS Compostela denuncia o caos no transporte escolar e reclama a solución inmediata a través do seguinte comunicado
A Federación de ANPAS Compostela denuncia o caos no transporte escolar e reclama a solución inmediata a través do seguinte comunicado
A Federación de ANPAS Compostela, na que se integran as ANPAS dos centros públicos de Santiago e comarca ven denunciando as múltiples deficiencias que se están producindo no transporte escolar e reclamando o correcto funcionamento das liñas de transporte en tempos, percorridos, condicións e seguridade.
Á vista de que os problemas continúan en moitos centros escolares (CEIP de Vite, CEIP de Lamas de Abade; CEIP de Casas Novoa, CEIP Rodriguez Xixirei, CEP de Ventín, IES do Sar, IES Xelmírez II, IES Eduardo Pondal, PCI Viaño Pequeno (Trazo), CPI Igrexa-Calo en Teo…), a FANPA convoca ás familias e á cidadanía a participar nas concentracións o vindeiro xoves 29 de setembro, para esixir á Consellería a solución inmediata desta situación, diante dos seguintes centros escolares:
Ás 8:45 h no IES do Sar en Santiago de Compostela, (onde estará a representación formal da FANPA)
Ás 9:00 h no CEIP Igrexa-Calo, en Teo
Ás 9:20 h no CEIP de Vite en Santiago de Compostela
Desde o día 8 de setembro no que se iniciou o curso son moitísimos os problemas que se están a dar neste servizo, que afectan a centos de escolares e as súas familias: retrasos nas liñas, falta de autobús que cubra o servizo, autobuses que non paran en todas as paradas establecidas, que non fan o percorrido previsto, vehículos sen tamaño dabondo para o alumnado usuario ou falta de cuidador/a no autobús. O transporte escolar é un dos instrumentos , especialmente no noso país, para garantir o dereito á educación das crianzas e a mocidade, e llelo están roubando un chisco máis cada día, ao tempo que se deteriora un chisco máis o ensino público.
Desde "Familias polo clima" nos invitan a participar no ENCONTRO POLO CLIMA que vai ter lugar mañá
📆 venres, 23 de setembro
⏰ ás 18:30h
💒 Palco da Alameda - Santiago de Compostela
Unha estupenda oportunidade para escoitar a expertos que falarán do tema e atenderàn as nosas dúbidas, tamén apoiaremos á xente xove no día mundial da movilización polo clima.
Os coros son lugares de convivencia de especial valoración polas persoas que participan neles, e representan unha actividade "non dixital" interesante para a xuventude, máis aínda cando que non son unha experiencia illada, senón que continuaría na súa vida adulta, ao vincularse co Coro Universitario.
Esta é unha iniciativa que pode ser interesante para o alumnado da ESO e Bacharelato, a formación dun coro de mozos e mozas que conta coa dirección pedagóxica e musical de Miro Moreira, que tamén é o director do Coro Universitario.
📝 Prazo para inscribirse remata o 19 de setembro
💪💪 MOITA SORTE A TODAS!!!