EXPOSICIÓN FOTOCLUBE SAR

 

 

 

 

📸  Hai anos o Espazo constituía o Fotoclube de Barrio. Durante todo este tempo as veciñas e veciños foron paseando Sar con Alberto Barona para fotografalo todo! Agora, unha selección dese traballo sae da caixa das cousas lindas para que todas e todos o poidamos ver.🥳


📆  O sábado 29, ás 12 horas, inaugúrase no Centro Sociocultural de Sar a exposición itinerante de fotografías do Fotoclube, que se manterá alí ata o 10 de novembro, para despois 🏃‍♀️sair ás carreiras por todos os bares e restaurantes do barrio. 

Non faltes 📝 E gárdate da chuvia🌂

RACHANDO ESTEREOTIPOS, CARA A UNHAS CASCULINIDADES AGARIMOSAS

 

Desde ANPAS Galegas promoven un novo ciclo de charlas dirixidas a familias baixo o título RACHANDO ESTEREOTIPOS: CARA A UNHAS MASCULINIDADES AGARIMOSAS.

Nestas charlas afondarase nos contidos publicados na Guía de Igualdade deste ano (e que se pode consultar aquí) creadas da man da cooperativa sen ánimo de lucro Rexenerando.  

Nela abordaranse as masculinidades igualitarias, coa intención de promover a reflexión sobre a masculinidade hexemónica e o papel dos homes na acción pola igualdade real na nosa sociedade.

🏠 LUGAR:  Local da Federación de ANPAS Compostela (Rúa Estocolmo 8, Santiago de Compostela) 

📆  DATA:  Luns 7 de novembro ás 18:00h 

📝  INSCRICIÓNS:   https://forms.gle/j8NQpbnhGr3cL9hp7

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

 

 

Presentamos o a proposta de actividades que ofertamos para este curso 2022-2023.

 

PRAZO DE MATRÍCULA: a inscrición realizarase exclusivamente de forma telemática no seguinte enlace antes do 27 de outubro: https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/IESDESAR

 

Para poder realizarse as actividades precísase un mínimo de 8 participantes en cada unha das actividades.

Unha vez rematado o prazo de inscrición informaremos en que actividades se forma o grupo mínimo.

 

O pago das actividades de Pandeireta, Debuxo Manga, Graffiti e Urban Dance realizarase a través de domiciliación bancaria na conta que facilitedes no momento da inscrición.

Para a actividade de CORO facilitaremos só os datos de contacto á persoa responsable de xestionar o coro e xa vos di como realizar o pagamento.

 

Unha vez comezadas as actividades no caso de querer darse de baixa deberase comunicar antes do día 20 do mes anterior no que queirades causar baixa co fin de evitar que se faga o cargo do seguinte recibo. As baixas comunicaranse por correo no enderezo santiago@actex.es

 

PREZOS:

·  Actividades PANDEIRETA, DEBUXO MANGA, GRAFFITI E URBAN DANCE: 13,50 €/ mes

*As actividades Debuxo Manga e Graffiti teñen unha cota anual  de 25,00 € en concepto de materiais. 
 

·     ACTIVIDADE DE CORO ( Imparte Coro da Rá): 30€/trimestre

 

 

PROGRAMA ACTIVIDADES CURSO 2022-2023

 

HORARIO 

LUNS

MÉRCORES

XOVES

VENRES

17:00-18:00

Pandeireta

Debuxo Manga

Graffiti

Coro

 

18:00-19:00

Urban Dance


 

 

 

 

XIX CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2022 - CONCELLO DE LALÍN

Trasladamos información sobre o XIX Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2022, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, co obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma.

📅O prazo de presentación estará aberto do 24 de setembro ata o 3 de novembro.

👉Bases dispoñibles en: https://www.lalin.gal/axudas-premios-e-bolsas

Tamén podedes descargar a información pinchando nos seguintes enlaces:
 
 
 


ENCONTROS FAMILIA E PROFESORADO- COMPigual


 

 

Dende COMPigual, Compostela pola Igualdade de xénero, nos presentan a actividade: ENCONTRO DE FAMILIAS E PROFESORADO: A MIÑA FILLA/ALUMNA SOFRE VIOLENCIA DE XÉNERO? que busca dotar de pautas a nais e pais con fillas adolescentes que poidan sufrir violencia de xénero e proveer de directrices ao persoal dos centros educativos, creando un espazo de intercambio e aprendizaxe mutua.

📅  A actividade levarase a cabo o martes 25 de outubro ás 18:30 en CABES - Casa das Asociacións de Benestar Social (Manuel María, 6 -15705- Santiago de Compostela). 

🏬  A localización exacta está dispoñible nesta ligazón

📝 Prema nesta ligazón para acceder á inscrición.

 

ENTREGA DE PREMIOS DO 4º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

 


O Concurso de Fotografías pola Igualdade é unha iniciativa que arrancou hai xa catro anos na Federación de ANPAS Compostela coa intención de xerar a reflexión e o debate arredor da igualdade real entre homes e mulleres na nosa vida cotiá. Unha proposta coa que se pretende animar aos nosos fillos e fillas e as familias a por o foco na igualdade e desigualdade, grande ou pequena que nos rodea. A interpretala e recollela e a gardar un instante dela nunha imaxe.  O feito de captala entendimos que abría un espazo para pensar, reflexionar, as veces debatir sobre igualdade, o que supón avanzar un pouco máis cara ela.

📸  Agora a Fanpa Compostela ven de resolver a 4ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade, un certame dirixido ao alumnado e ás familias, dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos.

Un xurado composto por profesionais do mundo da fotografía, o deseño e o ensino foi o encargado de decidir as fotografías que resultaron gañadoras na presente edición.

🏆   Xa se poden consultar na web do concurso cales son as fotografías gañadoras. 

🔗   http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/cuarta-edicion

🏆  A entrega de premios celebrarase o vindeiro xoves 4 de novembro ás 17:30 h no Salón de Actos do Edificio Cersia en Santiago de Compostela, na que teremos a oportunidade de escoitar os contos tradicionais de Celso F. Sanmartín.

🤗  Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias que se animaron a participar nesta edición. Traballando xuntas, desde a reflexión e a educación, na familia e na escola, avanzaremos  para que a igualdade sexa unha realidade para as futuras xeracións 💜 .

A entrega é un  acto aberto no que agardamos contar non só con participantes nesta edición e as súa familias, senón con todas as que queiran achegarse, como unha actividade festiva en prol da igualdade. 

Por motivos de organización, para estimar o número de asistentes,  agradecemos que confirmedes a asistencia a través do seguinte formulario:

👉🏻  O vindeiro 4 de novembro, 

⏰  ás 17,30h, 

🏆  celebrarase a entrega de premios no salón de actos do Edificio Cersia.


VÉMONOS NA ENTREGA DE PREMIOS!!!!