ENTREGA DE PREMIOS DO 4º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

 


O Concurso de Fotografías pola Igualdade é unha iniciativa que arrancou hai xa catro anos na Federación de ANPAS Compostela coa intención de xerar a reflexión e o debate arredor da igualdade real entre homes e mulleres na nosa vida cotiá. Unha proposta coa que se pretende animar aos nosos fillos e fillas e as familias a por o foco na igualdade e desigualdade, grande ou pequena que nos rodea. A interpretala e recollela e a gardar un instante dela nunha imaxe.  O feito de captala entendimos que abría un espazo para pensar, reflexionar, as veces debatir sobre igualdade, o que supón avanzar un pouco máis cara ela.

📸  Agora a Fanpa Compostela ven de resolver a 4ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade, un certame dirixido ao alumnado e ás familias, dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos.

Un xurado composto por profesionais do mundo da fotografía, o deseño e o ensino foi o encargado de decidir as fotografías que resultaron gañadoras na presente edición.

🏆   Xa se poden consultar na web do concurso cales son as fotografías gañadoras. 

🔗   http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/cuarta-edicion

🏆  A entrega de premios celebrarase o vindeiro xoves 4 de novembro ás 17:30 h no Salón de Actos do Edificio Cersia en Santiago de Compostela, na que teremos a oportunidade de escoitar os contos tradicionais de Celso F. Sanmartín.

🤗  Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias que se animaron a participar nesta edición. Traballando xuntas, desde a reflexión e a educación, na familia e na escola, avanzaremos  para que a igualdade sexa unha realidade para as futuras xeracións 💜 .

A entrega é un  acto aberto no que agardamos contar non só con participantes nesta edición e as súa familias, senón con todas as que queiran achegarse, como unha actividade festiva en prol da igualdade. 

Por motivos de organización, para estimar o número de asistentes,  agradecemos que confirmedes a asistencia a través do seguinte formulario:

👉🏻  O vindeiro 4 de novembro, 

⏰  ás 17,30h, 

🏆  celebrarase a entrega de premios no salón de actos do Edificio Cersia.


VÉMONOS NA ENTREGA DE PREMIOS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario