Un ano mais desde o IES vaise por en marcha a elaboración do
terceiro título da Colección Sar, logo de ter editado en cursos
anteriores Confinamentos e Abre alas!
A idea inicial é traballar este ano a DIVERSIDADE.
Vivimos
nunha sociedade diversa. Unha sociedade na que conviven (non sempre sen
problemas) varias culturas, diferentes linguas, distintas orientacións
sexuais, múltiples sensibilidades e ideoloxías variadas. A pluralidade
é, sen dúbida, unha inmensa fonte de riqueza.
O
IES de Sar, reflexo exacto da sociedade actual, é un centro diverso.
Temos estudantes que proceden de diferentes países, que se expresan en
distintas linguas, con orientacións sexuais diversas, con múltiples
sensibilidades… Somos unha comunidade educativa plural, heteroxénea,
plenamente consciente de que o discurso social e o progreso deben ser
construídos entre todas. Traballamos para que a sociedade do futuro sexa
máis aberta, máis receptiva, máis comprensiva e estea máis
cohesionada. Moitos dos estudantes do IES de Sar afirman orgullosos que
chegar a un centro onde se respectan as diferenzas, onde non se xulga o
que é distinto, onde se alenta a creatividade individual, fixo que se
sentisen cómodos e que se expresasen con liberdade. No noso centro, a
inclusión non é un discurso teórico, é unha realidade. Unha realidade da
que nos sentimos orgullosos.
É por iso que, un
curso máis, tentaremos dar ao prelo un libro que recolla os traballos,
as inquedanzas, as sensibilidades dun grupo plural e creativo. Un
colectivo orgulloso de ser como é, integrado por estudantes, docentes e
familias que conviven nesta comunidade educativa co convencemento de que
o futuro se mellora sementando no presente e que só cooperando se
conseguen os maiores retos individuais.
A
idea é implicar ao alumnado, profesores e familias, animándose a
participar con textos (prosa, poesía, teatro, ensaio...) escritos en
calquera das linguas estudadas no centro (galego, castelán, inglés,
francés ou portugués), ou mesmo en calquera das linguas nativas do noso
alumnado, sempre que acheguen tradución dos seus textos. A extensión mínima das colaboracións é de 15 liñas e máxima de 3 páxinas.
Dende
o centro van implicar nesta iniciativa o fotógrafo compostelán Fuco
Reyes, quen está disposto a traballar nun novo proxecto co noso alumnado
para elaborar diversos materiais fotográficos que logo sirvan para
ilustrar o libro.
Podedes ver unha
selección de fotografías do último proxecto que realizou no noso centro o
pasado ano neste enlace:
https://fucoreyes.es/project/la-escoria-rebelde/
Se
finalmente hai moito material, habería que facer una escolla para
publicar o que teña maior calidade. A idea é ter editado o terceiro
título da Colección Sar a finais de curso.
📝 Enviar as vosas achegas a estes dous correos electrónicos antes do 30 de marzo:
👇
Patricia Arias Chachero - Equipo de Dinamización Lingüística
sar.patriciaarias@iesdesar.org
Baldo Ramos - Vicedirección
sar.baldoramos@iesdesar.org
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!