O Consello Escolar é o órgano de participación no centro de diferentes sectores da Comunidade Educativa. A súa composición, é a seguinte:
Director/a do centro
Secretaria/o (con voz pero sen voto)
7 profesoras/es elixidos polo Claustro
3 nais/pais de alumnas/os (1 deles proposto pola ANPA - que coincide coa Presidencia da ANPA - e as outras 2 elexidas por votación)
4 representantes do alumnado
1 representante do Concello
1 representante da administración de servizos
Os membros do Consello Escolar son elixidos por 4 anos e renóvanse parcialmente cada 2 anos. Neste curso compre facer unha renovación e de acordo coa lexislación vixente, no sector nais/pais do alumnado, corresponde renovar 1 nai/pai.
Para elección de representantes de nais/pais de alumnos/as hai que ter en conta:
ELECTORES: Son o pai e a nai ou os titores legais (poden votar os dous) dos alumnos/as matriculados no centro que configuren o censo de pais/nais exposto no taboleiro do centro (convén revisar e comunicar se hai erros de omisión ou transcrición). Se non figurase no Censo ou advertira algún erro debe poñelo en coñecemento do centro
ELIXIBLES: Todos os electores son elixibles sempre e cando presenten a súa candidatura. Se queredes ser candidaatos/as hai que cubrir o impreso correspondente que enviamos anexo,está a vosa disposición na web do centro centro.
📅 O prazo de presentación de candidaturas será do 11 ao 18 de novembro (ámbolos dous inclusive) en horario de 9:00h a 14:00h nas oficinas do centro.
Pódese descargar o impreso desde aquí e entregar cuberto e asinado na secretaría do centro.
📜 A votación para
elección de nais/pais que corresponde renovar farase entre as
candidatas e candidatos presentados, admitidos e proclamados pola Xunta Electoral o
vindeiro 29 de novembro no IES de Sar (pendente de confirmar a hora)
📢 Recordamos
a importancia que ten este Órgano de Goberno á hora de tomar decisións
que afectan ao centro polo que deben estar cubertas todas as prazas. É
de suma importancia que se presenten o maior número de nais e pais do
alumnado para poder garantir a pluralidade de representación e poder contribuír a un mellor funcinamento do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario