Grazas a colaboración do IES de Sar imos celebrar no centro a I XORNADA DE ARTES dirixida a todo o alumnado. Nestas xornadas contaremos con creadores de diferentes disciplinas artísticas para compartir con nós as súas experiencias creativas e laborais; desde as Tanxugueiras e o cineasta Luís Avilés ata o estereógrafo Luis Rosales, o debuxante de cómic Tomás Guerrero e a tatuadora Joa González / INK Factory.
O xoves día 3 de novembro viviremos no IES de Sar unha xornada moi especial.
Sabemos que é un reto organizar unha actividade para todo o noso alumnado, pero estamos seguras de que vai estar á altura para demostrarnos, tanto ao claustro do centro como á ANPA, que é posíbel traballar pola cultura nos institutos coa complicidade e a responsabilidade do noso alumnado.
Subvencionada por:
Ningún comentario:
Publicar un comentario