DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

 

 


Celebramos algo que xa forma parte cotiá das nosas vidas e das nosas conversas, que as persoas temos dereitos polo feito de selo, e que eses dereitos veñen de noso cando nacemos, ninguén nolos dá por capricho ou por gusto, e tampouco ninguén debera poder quitárnolos.
Lamentábelmente, aínda hai moitos lugares onde iso non é unha realidade feita ou en proceso, hai tensións permanentes para negar o dereito á vida, á dignidade, á honra, á vivenda, ao traballo... Sempre hai que diga "si, pero..."; e non debera haber peros, nin os que nos poñan, nin os que nós mesmas poñemos ás demais.
É doado entender a reclamación dos nosos dereitos, moito máis complexo é ser conscientes de que tamén somos suxeitos activos no disfrute dos dereitos das demais, que dependen de nós en moitas ocasións. Traballar esa consciencia é o noso desexo de hoxe. Parabéns a todas polo tempo que nos tocou vivir, e forza para melloralo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario