As persoas somos animais sociais, gústanos estar con outra xente, buscamos esa relación, e ademais necesitámola para sobrevivir física e emocionalmente.
A construción do grupo baseouse sempre no traballo compartido, no esforzo conxunto, no aproveitamento das sinerxias da forza multiplicada de moitos brazos traballando e moitas cabezas pensando. Só moi recentemente comezou a imporse a conciencia dun invidualismo que viña da man do consumo innecesario e o capricho inconsecuente; pero que non traía de seu o que si podía ser bo, a seguridade de sermos diferentes dentro do colectivo.
E por aí non imos ben, e menos en educación que é do que sempre falamos, a solidariedade ten que ser máis que un desexo ou unha consigna, ten que ser unha realidade concreta no día a día; porque necesitamos o apoio das demais tanto como elas precisan o noso; e as nosas fillas e fillos teñen que sabelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario