A discapacidade forma parte da condición humana; forma parte de todas nós. As persoas con discapacidade somos todas nós. Cada quen coa súa peculiaridade, coa nosa individualidade, coa nosa pequena circunstancia diferenciadora.
Vivimos nun mundo onde pensamos que celebrar un día é importante. Celebrar o día internacional das persoas con discapacidade é moi importante. Pero tamén sería importante que ese día se vira reflexado no día a día; na vida laboral, vida social, vida política ou vida educativa. Non ten que ser cousa de un día senón do día a día.
En moitas ocasións, ver, coñecer ou saber dalgunha persoa con discapacidade nos leva a tratala dun xeito distinto e mirala con outros ollos. Ollos de lástima. Ollos de pena. Porque non cambiamos e as empezamos a ver con outros ollos? Miralas como persoas. Persoas con capacidades. Capacidades que están a demostrar tódolos días e non queremos ver. Ninguén debería ter que demostrar nada. O Día Internacional das persoas con discapacidade debería deixar de ser "o Día" e pasar a ser "OS DÍAS".
Pensemos en crear unha sociedade para todas, sexamos como sexamos e custe o que custe, para que ninguén sobre e ninguén quede fóra
Ningún comentario:
Publicar un comentario