DÍA INTERNACIONAL DAS VOLUNTARIAS

 



Que imos dicir nós do voluntariado, se é a nosa base absoluta; todas nós somos voluntarias que tentamos mellorar o mundo educativo das nosas fillas e de todas as pequenas e pequenos que van con eles no seu tempo. 

Voluntarias que entregamos o noso tempo, e as nosas ilusións, na idea de que hai unha parte afectiva, unha parte de cariño e de solidariedade que é imprescindíbel para personalizar a necesaria frialdade coa que as normativas consagran os dereitos e as obrigas. Ser voluntaria é poñerlle nome ás persoas, tratar os problemas das individualidades, e tentar mellorar os dereitos dos colectivos. Parabéns a todas as que ceden o seu tempo para mellorar a vida das demais, e para reclamar que quen ten a obriga de facelo o faga correctamente. Porque ser voluntaria é axudar, pero tamén é saber reclamar que quen ten que facelo o faga ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario