DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


 

Neste día felicitamos a todas aquelas mulleres, as que foron, as que son, e as que serán, a calquera altura e con calquera idade, que rachan o estereotipo feminino patriarcal, e din de fronte e con forza, que non teñen que xustificar o seu dereito a estaren en calquera lugar, en calquera ámbito, facendo o que lles pete ao nivel de calquera, sen que ninguén poida rexeitalas por non seren homes. Temos moito camiño por andar para rematar co tempo no que había "cousas de mulleres" e "cousas de homes" na escolla de vocacións e traballos, na decisión de estudar e de formarse.

Mais non sexamos parvas, aínda hoxe lemos de acotío que hai carreiras e profesións, e son as de sempre e algunha máis que se vai incorporando, onde a diferenza de xénero é determinante na súa escolla e no seu desenvolvemento. Aínda hai lugares onde din que as mulleres non queren entrar, cando realmente son lugares onde saben que o nivel de esixencia, e as dificultades engadidas que se lles impoñen, son un plus de esforzo ao que -comprensibelmente- non queren exporse.

É obriga de todas que isto remate, que as persoas decidan o seu futuro laboral igual que queremos que decidan o seu futuro persoal, con liberdade, con todas as portas abertas, e coa normalidade de que nada está lonxe das súas arelas e as súas capacidades. Será un mundo mellor, pero hai que crealo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario