"ACOMPAÑAR Á ADOLESCENCIA: CLAVES PARA ENTENDER E EDUCAR"


Acompañar a adolescencia” en ocasións pode supoñer un desafío;  leva o reto de navegar nunha nova etapa á que é preciso aproximarse entendendo os propios procesos da mesma.

Revisar aspectos importantes da nosa mirada cando acompañamos esta etapa, reorientarnos, entender os procesos que se desenvolven e comprender o que lles pasa as persoas adolescentes é un reto obrigatorio para respostar as súas necesidades.

Para tentar comprender as manifestacións desta etapa, así como facilitar que dende a familia teñamos ferramentas para acompañar o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas invitamos a participar neste Obradoiro, que ten unha duración de 5 sesións, que serán varios mércores de abril e maio


📌  ORGANIZA:  UMAD (Concello da Santiago) en colaboración coa FANPA Compostela

🎤  IMPARTE: María José Blanco - Psicóloga UMAD

👉  DIRIXIDO A:  Nais e pais de alumnado de 1º e 2º da ESO


📅  DATAS: 

            Mércores, 12 de abril

            Mércores, 26 de abril 

            Mércores, 10 de maio

            Mércores, 24 de maio  

            Mércores, 31 de maio

⌚  HORA:  17:00h - 19:00h

💒  LUGAR:  IES de Sar (Santiago de Compostela)

SERVIZO DE LUDOTECA

As familias con nenas/os menores de 12 anos que precisedes servizo de ludoteca , deberedes indicalo no formulario de inscrición, con data límite,  o luns  antes de realizarse o Obradoiro (luns 10 de abril ás 14:00h).

O servizo de ludoteca é para nenos e nenas de 3 a 12 anos e para poder realizarse precisamos que haxa un mínimo de 3.  Confirmarase o martes pola tarde si se vai  a haber este servizo ou non.

 

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA



Hoxe é o día da poesía,

un día para celebrar

o poder das palabras

e a beleza que poden crear.

 

A poesía é como o vento,

que sopra suavemente

e lévanos a lugares afastados

sen movernos fisicamente.

 

Fainos sentir emocións,

fainos reflexionar,

axúdanos a comprender

o que é difícil de explicar.

 

Así que celebremos hoxe

aos poetas e a súa arte,

porque a través dos seus versos

ensínannos a soñar e amar.

DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE

 


A felicidade é un estado emocional que todos buscamos e desexamos, pero moitas veces cústanos atopar. Nunha sociedade cada vez máis esixente e competitiva, a felicidade convértese nun ben prezado e á vez esquivo.

Neste sentido, o Día Internacional da Felicidade convídanos a reflexionar sobre que é o que nos fai felices e como podemos cultivar a felicidade na nosa vida e na sociedade na que vivimos. A felicidade non é un estado pasivo, senón que require dun esforzo constante pola nosa banda para mantela e cultivala.

No ámbito educativo, a felicidade ten un papel fundamental no benestar emocional e o desenvolvemento integral do noso alumnado. É importante que os centros educativos fomenten unha educación baseada en valores como a empatía, a solidariedade e a resiliencia, e que promovan un clima escolar positivo e respectuoso. Desta maneira, contribúese á formación de persoas felices e comprometidas coa sociedade na que viven.

Por outra banda, a felicidade tamén ten un impacto positivo no ámbito educativo e na Comunidade educativa. Os centros que fomentan un clima positivo e que promoven o benestar de toda a comunidade educativa, obteñen mellores resultados.

En definitiva, o Día Internacional da Felicidade convídanos a reflexionar sobre a importancia da felicidade na nosa vida e na sociedade na que vivimos. É importante lembrar que a felicidade non é un obxectivo en si mesmo, senón un camiño que percorremos día a día, e que depende en gran medida de nós mesmos e das decisións que tomamos.

 

SEMANA DAS CIENCIAS

 

 

Esta Semana das Ciencias foi unha semana emocionante e difícil de esquecer!!!


Tivemos o privilexio de escoitar a algúns dos mellores relatores no campo da ciencia, que compartiron os seus coñecementos e experiencias con todo o alumnado. Ademais, o alumnado participou en numerosas actividades educativas que espertaron a súa curiosidade.


Esperamos que esta semana fose unha fonte de inspiración e motivación para todo o alumnado.


Grazas a todos os relatores e o IES de Sar (equipo directivo, profesorado, alumnado, ....) que fixeron posíbel este evento tan especial!!!

 


SEMANA DAS CIENCIAS: 5ª XORNADA

 


Remata a Semana de Ciencias!!!  😔

📅   Venres 17Chegamos ao final da semana cun sorriso nos labios. Hoxe tocaba xogar e ver a parte lúdica e divertida das Ciencias. Visitounos,

👉   Alejandro Saavedra profesor de Bioestatística da USC (Presentación a cargo da profesora Rosa Gómez)

🎤  falounos de xogos cooperativos, explicou a teoría de xogos, falou de repartos de diñeiro aplicados a gastos comunitarios e de como esta teoría se pode aplicar á vida real.

👉  "SarDonald's: Os sentidos e a nutrición", charla impartida polo alumnado de Anatomía

🎤  Xogar facendo ciencia e xogar aprendendo. Como fixo o noso alumnado esta mañá, impartindo pequenos obradoiros e dando charlas as súas compañeiras e compañeiros.



SEMANA DAS CIENCIAS: 4ª XORNADA

 

 


📅   Xoves 16 contamos coa presenza de  

👉   Alejandro Díaz Sueiro, portavoz do Comité Científico de Voz Natura, e Nazareth Díaz Castro, coordinadora do programa Voz Natura, para falarnos dos seus 26 anos de compromiso e acción medioambiental. (Presentación a cargo do profesor de Bioloxía Leopoldo Bahíllo)


🎤  A súa motivación durante estes anos consistiu en implicar a toda a sociedade a través da escola con proxectos rigorosos avalados por un comité científico que botou a súa andaina no ano 1997. Nestes 26 anos fructificaron máis de 6000 iniciativas que conseguiron implicar tamén a sociacións medioambientais, asociacións de veciños ou entidades privadas de todo tipo.

Teñen internacionalizado os seus proxectos, difundindo os mellores en países europeos e hispanoamericanos.

Logo animaron ao alumnado a que participase, expoñendo algunhas das iniciativas máis interesantes dos últimos anos: no ámbito do patrimonio etnográfico, sobre flora e fauna, sobre roteiros didácticos, hortas e xardíns ou sobre proxectos de emprendemento.

 📌 Matilde Fernández Blanco, alumna de 1º de Bacharelato de Artes agasallounos cun gravado feito por ela


👉  Coordinado pola nosa profesora de Matemáticas Rosa Gómez, hoxe celebramos no instituto o obradoiro Canguro Matemático, organizado a nivel internacional pola Association Kangourou sans Frontières (AKSF), no que participaron alumnos voluntarios de toda a ESO e de 1º de Bacharelato.
 
 👉  Na segunda charla desta mañá visitounos a pintora e profesora de Física e Química, Margarita Cimadevila.  Presentación a cargo da profesora de Física e Química, Nuria Rodríguez
 

🎤 falounos do seu proxecto Mare plasticum, que compartiu co pintor e químico austríaco Wolfgang Trettnak, e que medrou a partir da recollida de crebas nas praias de Sada.
Investigación científica e arte para denunciar a presenza de microplásticos nos seres vivos mariños. Uns microplásticos que ao final acaban nas nosas mesas.
 Xa hai días que temos unha exposición da súa obra nos corredores do centro.
 
 📌  Xoana Lema Barcia, 1º de Bacharelato de Artes agasallouna cun gravado feito por ela