SEMANA DAS CIENCIAS: 2ª XORNADA

 

 
A segunda sesión da Semana das Ciencias, foi un día moi especial para a nosa comunidade educativa e a profesora de Bioloxía Pamen García Romalde foi a encargada de presentar a Ángel Carracedo. 
 
Cando tes diante un sabio, o tempo detense e a aprendizaxe convértese nun privilexio. Ángel Carracedo é un dos maiores expertos internacionais en Medicina xenómica.
 
Como acontece cos sabios, estes acostuman ter o don de transmitir os seus coñecementos dunha maneira próxima e rigorosamente didáctica. Por iso nos explicou dun xeito tan plástico que o libro do xenoma humano está escrito en 23 tomos, como se se tratara dunha historia da Humanidade, que realmente é o que explica esta metáfora. E que, aínda que a primeira molécula da vida mutou sen parar, dando como resultado a diversidade na Terra, realmente o ser humano leva aquí dous días, como quen di: apenas 200 millóns de anos.
 
Ler ese libro do xenoma humano, interpretalo, seica levou 12 anos, implicando a miles de científicos e investindo miles de millóns de dólares nesa aventura do coñecemento e da evolución humana: a maior revolución científica da Historia, segundo as súas palabras.
 
Home sabio e xeneroso, Ángel Carracedo deixoulles o noso alumnado, que non pestanexaron durante máis dunha hora mentres o escoitaban, unha fermosa lección de futuro que el aprendera da súa avoa: "mira sempre as estrelas e trata de alcanzalas".


Quedámoslle profundamente agradecidas!!!


 📌 Álvaro Rodríguez Pais, alumno de 1º de Bacharelato de Artes agasallouno cun gravado feito por el


 
 📢 Tamén podedes ver a nova en prensa

 

 

📌  O alumnado da ESO, en todas as horas de matemáticas puideron disfrutar de xogos na aula para celebrar o Día Internacional das matemáticas

Ningún comentario:

Publicar un comentario