SEMANA DAS CIENCIAS: 3ª XORNADA

 


Continuando coas actividades previstas na Semana das Ciencias o

📅   Mércores 15,  contamos coa presenza de   

👉   Luís Sampedro, biólogo do CSIC,

🎤  contaxiou o seu entusiasmo pola Antártida. É un home próximo e divertido que nos deixou coa boca aberta, contando a súa experiencia investigadora no continente branco e moitas anécdotas que fixeron que o alumnado non perdese detalle de nada do que contou dese continente que segue a ser tan descoñecido que ás veces nin aparece nos mapas. E iso a pesares de ter o dobre de superficie que Australia e de contar co 98% da auga doce do Planeta.

En 2017 tivo a "fortuna" de pasar un mes e medio nesas terras, investigando a descomposición das algas mariñas coa finalidade de determinar os cambios de temperatura que se están a producir nas súas augas.

Seica nos últimos 50 anos o incremento das temperaturas na Antártida ten sido de 5 graos; pero, con todo, deixounos a mensaxe esperanzada de que estamos a tempo de salvala.

Hoxe os nosos rapaces sabían que estaban sendo afortunados de poder escoitar a un investigador de primeiro nivel en persoa. E el recompensounos dicindo que se sentía afortunado de estar no IES do Sar divulgando os seus coñecementos. Porque "a Ciencia -dixo- é Cultura e hai que transmitila".

 📌 Nerea Alburquerque, alumna de 1º de Bacharelato de Artes agasallouno cun gravado feito por ela



Na segunda sesión da mañá tamén contamos con
 
👉  José Ramón Leis Fidalgo, profesor de Química na USC (Presentouno a profesora de Física e Química Mercedes Monteagudo)
 
 
 🎤 Sorprendeunos con algún experimento de inducción electromagnética e faloulle ao noso alumnado de como reaccionan quimicamente o cobre, o sodio, o cloro ou o paladio con outros elementos químicos. 
Tamén falou de moléculas con propiedades interesantes: fluídos non newtonianos (polímeros), ferrofluídos ou hidrogeles.
Os alumnos tiveron ocasión de comprobar algunhas desas reaccións in situ e en primeira persoa, participando dos experimentos que lles propuxo.
Toda unha experiencia.
 
  📌 Paula Pereira López, alumna de 1º de Bacharelato de Artes agasallouno cun gravado feito por ela
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario