📅 Xoves 16 contamos coa presenza de
👉 Alejandro Díaz Sueiro, portavoz do Comité Científico de Voz Natura, e Nazareth Díaz Castro, coordinadora do programa Voz Natura, para falarnos dos seus 26 anos de compromiso e acción medioambiental. (Presentación a cargo do profesor de Bioloxía Leopoldo Bahíllo)
🎤 A súa motivación durante estes anos consistiu en implicar a toda a sociedade a través da escola con proxectos rigorosos avalados por un comité científico que botou a súa andaina no ano 1997. Nestes 26 anos fructificaron máis de 6000 iniciativas que conseguiron implicar tamén a sociacións medioambientais, asociacións de veciños ou entidades privadas de todo tipo.
Teñen internacionalizado os seus proxectos, difundindo os mellores en países europeos e hispanoamericanos.
Logo animaron ao alumnado a que participase, expoñendo algunhas das iniciativas máis interesantes dos últimos anos: no ámbito do patrimonio etnográfico, sobre flora e fauna, sobre roteiros didácticos, hortas e xardíns ou sobre proxectos de emprendemento.
📌 Matilde Fernández Blanco, alumna de 1º de Bacharelato de Artes agasallounos cun gravado feito por ela
Ningún comentario:
Publicar un comentario