No transcurso da Semana de Ciencias, do 13 de marzo ao 17 de marzo, nos corredores do centro temos a exposición Ciencia Ex Aequo.
Esta exposición consta dunha serie de obras artísticas/científicas na que se rende homenaxe ás
mullleres científicas que realizando un magnífico labor e merecendo
recoñecemento polo seu traballo foron ignoradas, esquecidas ou relegadas
a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas,
competidores... que nalgúns caso non tiveron reparo en atribuírse os
seus traballos.
A fonte da
inspiración da autora Margarita Cimadevila, que impartirá a conferencia "Mar e Plástico" este xoves 16, e o feito científico sobre o que esas
mulleres traballaron o que fai que, aínda que todos os cadros tratan de
ciencia, toquen temáticas tan diferentes como poden ser a Fusión
Nuclear, ADN, Teorema de Noether ou os Púlsares que quedan plasmadas en
doce lenzos acompañados dunha breve explicación sobre o tema e a
científica en cuestión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario