SEMANA DAS CIENCIAS

 

 

 

Unha vez máis , grazas á colaboración da comunidade educativa do IES de Sar ao longo desta semana vaise a realizar a Semana de Ciencias onde destacamos a importancia de combinar arte e ciencia para a formación integral do alumnado.

Durante esta semana contaremos, entre outros, con distintos relatorios e conferencias.  

👉Na conferencia inaugural, María Elena López Lago falará sobre comunicacións ópticas e a súa evolución desde as teas ata a fibra óptica. 

👉Anxo Carracedo, un experto en xenética e catedrático da USC, ofrecerá un relatorio sobre a súa área de especialización. 

👉Luís Sampedro, membro da expedición á Antártida, falará sobre a importancia da Antártida na investigación científica e o seu potencial futuro.  

👉José Ramón Leis Fidalgo, profesor da Facultade de Química, tamén ofrecerá unha conferencia sobre a súa área de especialización.


Ademais das conferencias, tamén haberá distintos talleres e actividades programadas para a semana, como poden ser:

📌 Os Ollos do Sar

📌 Feira dá Ciencia "Maxia non, ciencia"

📌 A pegada do IES de Sar

📌 Observacións astronómicas

📌 A contaminación do Río Sar

📌 Ciencia e Arte.  

 

Finalmente, tamén poderemos gozar da exposición "Ciencia Ex aequo" de Margarita Cimadevilla, que rende homenaxe ás mulleres científicas que foron ignoradas ou relegadas a un segundo plano na súa época.




Ningún comentario:

Publicar un comentario