Esta semana deu comezo no IES de Sar a SEMANA DAS CIENCIAS. Durante a mesma están programadas diferentes actividades (relatorios, talleres, exposicións, ...) cun nexo común: CIENCIA!!
📅 Luns 13, foi unha sesión chea de coñecementos e experiencia investigadora onde contamos coa presenza de
👉 María Elena López Lago, decana da Facultade de Física da USC (Presentación a cargo de Pilar González Pérez, profesora de Tecnoloxía)
🎤 falou de sistemas de comunicación ao longo da historia da Humanidade profundizando nos medios de telecomunicacións óptica: desde a telegrafía a mediados do século XIX ata a fibra óptica na actualidade, pasando pola invención do teléfono en 1876
📌 Catalina Varela Valencia, alumna de 1º de Bacharelato de Artes agasallouna cun gravado feito por ela
Ningún comentario:
Publicar un comentario