Sabías que as primeiras saídas nocturnas das nosas fillas e os nosos fillos poden marcar un antes e un despois no seu desenvolvemento e na nosa convivencia familiar? O martes 26 de novembro, ás 19:00 horas, no IES de Sar, teremos a oportunidade de profundizar neste tema da man de Martín Camba, Policía Local de Santiago, con máis de dúas décadas de experiencia na quenda de noite.
Nesta charla abordaranse temas de gran relevancia:
Martín Camba traballou durante anos con mozos, mozas e familias, desenvolvendo un enfoque práctico que combina datos reais e estratexias educativas para fomentar un lecer nocturno máis seguro. O seu programa xa chegou a moitas famillias e mozos e mozas en Santiago, obtendo resultados que destacan polo seu impacto positivo.
Por que é importante asistir?
Como nais, pais titoras ou titores legais, non só debemos coñecer as leis, senón tamén comprender como as nosas accións poden influír no comportamento das nosas fillas e fillos. Aprenderemos como previr situacións complicadas e como colaborar coas autoridades para que a experiencia nocturna das e dos adolescentes sexa segura e enriquecedora.
🗓️ Cando: Martes 26 de novembro
🕖 Hora: 19:00 h
📍 Onde: IES de Sar
📝 Inscricións: https://forms.gle/NNfCtAwhFnYAeULS7
Non faltes!! Xuntas podemos construír unha contorna máis segura e responsable para as nosas mozas e mozos.
Comparte esta información con outras familias e axúdanos a crear conciencia.
Esperámoste!!!