5º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

 

 

Un ano máis, a Federación, en colaboración con ANPAS Galegas, comprácese en presentar o esperado 5º Concurso de Fotografías pola Igualdade. Este concurso, xa na súa quinta edición, está dirixido ao alumnado e ás familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos de Galicia, co obxectivo de poñer en valor a igualdade en todas as esferas da vida.

O propósito do concurso é capturar, a través dunha fotografía, a percepción da igualdade en calquera contexto e promover a reflexión tanto en pequenos como en adultos sobre este importante tema. Valoraranse especialmente aquelas imaxes que transmitan mensaxes positivas e visibilicen as contribucións á igualdade en diversas áreas da vida, como a familia, as relacións entre iguais, o lecer, o deporte, a educación, a cultura, entre outras.

Ademais da entrega de premios, poranse en marcha exposicións itinerantes polos centros, onde se exhibirán as fotografías de edicións anteriores, permitindo así ampliar o alcance e a difusión desta importante mensaxe.

Para obter máis información sobre o concurso, incluíndo as bases e como participar, convidámosche a visitar a nosa páxina web oficial: Fotografías pola Igualdade

📢  Non perdas a oportunidade de ser parte deste movemento pola igualdade!!