O uso do móbil nas aulas, é unha ferramenta educativa ou unha distracción para o alumnado? Este é un dos grandes temas de debate na actualidade. Nova Escola Galega (NEG) convida a toda a comunidade educativa a participar neste evento, onde participarán diferentes voces implicadas na educación: docentes, familias, alumnado e expertos en tecnoloxía. Será un espazo de reflexión compartida para analizar os beneficios e os retos que supón a presenza dos teléfonos móbiles nos centros educativos.
📌 ORGANIZA: Nova Escola Galega (NEG)
📅 DATA: Mércores, 18 de setembro do 2024
🕖 HORA: 19:00h
🏡 LUGAR: na Sede de Nova Escola Galega ( Rúa de Luis Freire, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña )
O evento é de entrada libre ata completar aforo
ANIMÁDEDVOS A PARTICIPAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario