CHARLA: IGUALDADE E DISCAPACIDADE


 


Desde ANPAS Galegas, este curso poñen en marcha unha charla centrada nos contidos da  Guía de Igualdade, cun tema clave: Igualdade e Discapacidade.

Nesta sesión, afondarase na igualdade das mulleres con discapacidade, analizando pautas e condutas respetuosas que promovan a súa inclusión plena na sociedade. A charla está deseñada para concienciar sobre a importancia do apoio familiar e social ao longo de tódalas etapas da vida da muller, desde a infancia ata a xuventude e a idade adulta, co obxectivo de que se sintan valoradas e respetadas.

 

📢  CHARLA:  Igualdade e Discapacidade

👥  RELATORA: COGAMI

📅  DATA: Luns,21 de Outubro de 2024

🕔  HORA: 17:00h

🏰   LUGAR: Local da Federación de ANPAS Compostela (Rúa Estocolmo, 8. Santiago)

📝  INSCRICIÓN:     https://forms.gle/FGWMwaBusHcMr2X37

👉     DIRIXIDA A:   familias de centros públicos e ao público en xeral.

 

É unha oportunidade perfecta para aprender xuntas e avanzar cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.