Desde ANPAS Galegas, este curso poñen en marcha unha charla centrada nos contidos da Guía de Igualdade, cun tema clave: Igualdade e Discapacidade.
Nesta sesión, afondarase na igualdade das mulleres con discapacidade, analizando pautas e condutas respetuosas que promovan a súa inclusión plena na sociedade. A charla está deseñada para concienciar sobre a importancia do apoio familiar e social ao longo de tódalas etapas da vida da muller, desde a infancia ata a xuventude e a idade adulta, co obxectivo de que se sintan valoradas e respetadas.
📢 CHARLA: Igualdade e Discapacidade
👥 RELATORA: COGAMI
📅 DATA: Luns,21 de Outubro de 2024
🕔 HORA: 17:00h
🏰 LUGAR: Local da Federación de ANPAS Compostela (Rúa Estocolmo, 8. Santiago)
📝 INSCRICIÓN: https://forms.gle/
👉 DIRIXIDA A: familias de centros públicos e ao público en xeral.
É unha oportunidade perfecta para aprender xuntas e avanzar cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario