A Semana das Artes continúa no IES de Sar cunha programación chea de actividades inspiradoras que destacarán o talento de escritores/as, artistas e docentes comprometidos coa arte e a educación. Aquí vos deixamos os detalles das actividades previstas para estes primeiros días da semana:
📅 Luns, 13 de xaneiro
⌚ 12:50h: Obradoiro de poesía: "Poemas e mar", impartido por Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 1º da ESO e promete ser unha viaxe a través das palabras e o mar.
📅 Martes, 14 de xaneiro
⌚ 12:50h: Sesión de contacontos en inglés e galego a cargo de Charo Pita e Alice Fernback, narradoras orais que levarán a maxia da palabra ao alumnado de 2º da ESO.
⌚16:50h - 18:30h:
👉Charla sobre ilustración con Eva Rieiro, ex-alumna do IES de Sar, pintora e docente. Dirixida ao alumnado de 3º da ESO.
👉Obradoiro de Collage impartido por Sebas Anxo, pintor e docente. Esta actividade está pensada para o alumnado de Bacharelato A.
📅 Mércores, 15 de xaneiro
⌚ 10:50h: Conferencia titulada "Relacións cómplices: cando a Arte e a Moda se encontran coa Historia", a cargo de Juan Manuel Monterroso Montero, dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato A, B, C e D.
⌚12:50h: Conferencia titulada "Xénese e características dun poemario singular: a pousa da libélula" impartida por Esperanza Mariño, ex-profesora do IES de Sar e escritora. Vai dirixida ao alumnado de 4º da ESO.
Agradecemos a participación de tódalas artistas e relatores/as que fan posible que o noso alumnado viva experiencias tan enriquecedoras.
📢Seguiremos partillando máis actividades que se levarán a cabo desta semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario