SEMANA DAS ARTES


 

Mañá, mércores 8 de xaneiro, dará comezo a  SEMANA DAS ARTES. A inauguración oficial terá lugar ás 10:45h e promete ser o inicio dunha semana chea de talento e inspiración.

Nos corredores do instituto está a Exposición das obras premiadas do 19 Premio de Fotografía de Xurxo Lobato, na que varias alumnas do centro foron recoñecidas polos seus extraordinarios traballos. En concreto, felicitamos a:

  • Mara Martínez Prado
  • Katarina Mélikhova
  • Ana Salgueiro Torres
  • Uxía Pereiro Freiría 

Ademais, tamén teremos o privilexio de contar coa Exposición da obra de Manuel Quintás.

Ás 10:50h, no Salón de Actos, o recoñecido fotógrafo e psicólogo Fuco Reyes, gañador do Premio de Fotografía Luís Ksado, ofrecerá unha interesante Conferencia sobre os seus proxectos fotográficos. Esta actividade está dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato A, B e C.

A Semana das Artes estenderase ata o venres 17 de xaneiro e incluirá unha ampla variedade de actividades que iremos anunciando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario