A ANPA

 


QUEN SOMOS 

 

Somos nais, pais, titoras e titores legais do alumnado do centro educativo no que se atopan as súas fillas e fillos. 

A ANPA é unha canle fundamental de participación na comunidade escolar. A pertenza á mesma é voluntaria e pódese pertencer como asociado/a durante todo o tempo que as fillas e fillos permanezan no centro. 

Está representada por unha xunta directiva composta de: 

  • presidencia, 

  • vicepresidencia (de ser o caso), 

  •  secretaría, 

  •  tesousería e 

  •  vogais

 


 

 QUE QUEREMOS

 

  • Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado, sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou de sexo.

  • Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta mereza.

  • Promover e potenciar a participación da familia na vida do centro escolar.

  • Promover a calidade educativa.

  • Representar as nais e pais no Consello Escolar do centro educativo.

  • Informar e asesorar ás persoas asociadas nas actividades propias da ANPA.

  • Asistir e asesorar as nais, pais, titoras e titores legais en todo aquelo que abrangue a educación das súas fillas e fillos.

  • Colaborar co profesorado e alumnado para o bo funcionamento do centro escolar.

  • Asistir ás familias do alumnado no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro.

  • Estimular a participación das familias do alumnado na programación xeral do ensino a través dos órganos colexiados correspondentes.

  • Fomentar as relacións de cooperación do Centro cos outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.

  • Promover actividades formativas, culturais e de estudio.

 

 

 

 POR QUE PARTICIPAR?

 

Como nais e pais queremos o mellor para as nosas fillas e fillos e para o axeitado desenvolvemento da súa personalidade, co fin de que aprendan a superar dificicultades. Convivir con todas e todos, respectar as diferenzas e impulsar un modelo integrador e valente do Ensino Público que non se limite a preparar intelectualmente, senon que prepare tamén para a vida dende a soliedariedade e a mellora das relacións sociais.

Outros motivos que fundamentan a participación nunha ANPA serían que:

  •  a través das familias podemos ser escoitadas como colectivo nos colexios e na administración pública competente en materia de educación respecto a todo aquelo que pensamos sobre a educación que están a recibir as nosas fillas e fillos.
  • podemos estar ao día como nais e pais do que acontece no lugar no que as nosas fillas e fillos pasan 5 horas ó día ou máis de luns a venres durante 9 meses.  ese tempo que moitas veces é maior do que nós podemos estar con elas e eles.
  • pola necesidade de estar unidas/os á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar o ensino público galego.
  • porque para realizar a formación activa das familias é necesario unir esforzos e ideas.
  • porque un movemento de nais e pais agrupados fan que as inicitivas e peticións sexan vistas con maior atención e respecto polas administracións públicas, pola sociedade, polo profesorado, ....
  • pola importancia de levar ao Consello Escolar a presenza das nais e pais organizados na ANPA para defender os intereses de todo o alumnado.
  • porque todas e todos somos necesarias para mellorar no que poidamos a crianza das nosas fillas e fillos.

A ANPA existimos porque sabemos que a pasividade supón unha complicidade con que move os fios para debilitar o ensino público.

Porque formamos parte da comunidade educativa.  O colexio non é só profesorado e alumnado, tamén nós nais e pais, formamos parte del.

Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.

Porque é a nosa responsabilidade procurar o mellor na educación das nosas fillas e fillos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario