Se es pai ou nai dun alumno/a do IES de Sar, convidámosche a unirte á Asociación de Nais e Pais de Alumnado do Sar (ANPA) e formar parte dunha comunidade comprometida coa educación e o benestar dos nosos fillos e fillas.
Ser membro da ANPA permíteche participar activamente na toma de decisións e na organización de actividades e proxectos que contribúen a mellorar a calidade educativa no noso centro.
Ademais, a ANPA é un espazo de encontro e colaboración entre pais e nais que comparten intereses e preocupacións en común, o que favorece o diálogo e a construción dunha comunidade educativa máis unida e participativa.
Se estás interesado/a en unirte á ANPA, podes cubrir o seguinte FORMULARIO. Xuntas, podemos traballar por unha educación de calidade para os nosos fillos e fillas.
Esperámoste na ANPA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario