PROTOCOLOS EDUCATIVOS

DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 

 

Que son?

  • Protocolo é un documento ou regulamento que establece como se debe actuar en determinados procedementos.

  • Un Protocolo serve para guiarnos e axudarnos nos pasos a seguir cando un alumno/a presenta algunha dificultade no ámbito escolar; debe responder á pregunta:  que facer no caso de ….?

  • Un Protocolo recolle comportamentos, accións e pautas que se consideran apropiadas en determinadas situacións. 

  • Os Protocolos son un recurso dispoñible para todos os centros e familias para funcionar como guía de apoio ao alumnado.

  • Os Protocolos SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.


A quen van dirixidos?

A todas as partes implicadas que traballan xuntos para o benestar do alumno/a: “casa”, centro educativo e profesionais (psicólogos/as, terapeutas, logopedas, ….)

 

Cal é o seu obxectivo?

Os Protocolos son recursos que apoian e guían aos centros educativos, profesionais e familiares para que as persoas (alumnas/os) poidan desenvolver plenamente o seu potencial.

Ás veces, as axudas que se poden ofertar poden parecer inxustas pero,  quitámoslle as lentes a unha persoa miope? 

Quitamos a cadeira de rodas a unha persoa tetrapléxica?

Eliminamos o audífono dunha persoa xorda?

Todas as persoas teñen puntos fortes e febles, pero todas teñen capacidades.

 

 

 – Os Protocolos existentes son:

 
 


 
 
 
 
 
 


 

 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario